BOPPO número 98

luns, 25 de maio de 2020

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Provincial

Deputación Provincial

Recadación

NORMAS PARA A COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DOS TRIBUTOS E PREZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS. CALENDARIO DE COBRO DE XUÑO A DECEMBRO DO EXERCICIO 2020

RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN

Asunto: NORMAS PARA A COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DOS TRIBUTOS E PREZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS. CALENDARIO DE COBRO DE XUÑO A DECEMBRO DO EXERCICIO 2020.

Vistas as medidas extraordinarias tomadas por esta Deputación en materia tributaria con motivo da crise sanitaria provocada polo Covid-19 e o posterior estado de alarma decretado, e que se formalizaron, entre outras, mediante as Resolucións da Dirección de Servizos do ORAL, de data 23 de marzo de 2020 e desta Presidencia, de data 14 de abril de 2020 e, tendo en conta a fase de desescalada na que se atopa actualmente Galicia.

Sendo necesario, dar cumprimento á legalidade vixente en materia tributaria e polo tanto proceder a poñer ao cobro os recibos de cobro periódico que se xestionan mediante padrón dentro desta anualidade.

A afectos de garantir ás persoas contribuíntes as maiores facilidades para o pago dos seus tributos durante un período temporal o mais escalonado posible.

Visto o informe emitido polo Servizo de Recadación do ORAL e a Resolución de Presidencia de data 21 de maio pola que se aproba o novo calendario de cobro de tributos e prezos públicos delegados consecuencia da situación sanitaria provocada polo COVID-19.

Atendendo ás competencias establecidas na Resolución de Presidencia núm 24866 de data 27 de decembro de 2018 e na base 7 bis das de execución do orzamento desta Deputación para o exercicio 2020 e, de conformidade co establecido no artigo 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e en coherencia co regulado no artigo 23 da vixente Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación ORAL, no exercicio das facultades que lle confire a normativa local vixente,

RESOLVO

UN: En execución do mandato recollido na Resolución da Presidencia, de data 22 de maio de 2020, por medio da presente resolución, dáse publicidade ao novo calendario de cobro de tributos e prezos públicos delegados consecuencia da situación sanitaria provocada polo COVID-19 para o período de xuño a decembro de 2020 aprobado pola mesma, co seguinte contido:

CALENDARIO DE COBRO: Resolución da presidencia de data 22/05/2020 .

“PRIMEIRO: Aprobar a posta ao cobro dende xuño a decembro do ano 2020 dos valores de notificación colectiva por padrón e cobro periódico por recibo, dos tributos e prezos públicos delegados dos seguintes concellos e entes:

1. IMPOSTOS: Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e Imposto sobre Actividades económicas (IAE) dos concellos que se relacionan:

1.1. IBI: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ–BALNEARIO, MORAÑA, MOS, AS NEVES, NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, POIO, PONTE CALDELAS, PONTEAREAS, PONTECESURES, O PORRIÑO, PORTAS, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DO MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILA DE CRUCES, VILABOA E VILANOVA DE AROUSA.

1.2. IAE: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, AGOLADA, FORNELOS DE MONTES, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ–BALNEARIO, MORAÑA, MOS, AS NEVES, NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, PORTAS, POIO, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES E VILANOVA DE AROUSA.

1.3. IVTM: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS,MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ–BALNEARIO, MORAÑA, AS NEVES, OIA, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, PORTAS, POIO, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES E VILANOVA DE AROUSA.

2. TAXAS E PREZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS DOS SEGUINTES CONCELLOS: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO-COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ-BALNEARIO, MORAÑA, AS NEVES, OIA, PAZOS DE BORBÉN, PORRIÑO, PORTAS, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DO MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES, VILANOVA, MANCOMUNIDADE DO MORRAZO.

SEGUNDO: Aprobar os seguintes períodos voluntarios de pago para o ano 2020 de acordo co seguinte calendario fiscal,

1293.png

DOUS: Aprobar, de acordo coas normas establecidas pola recadación do ORAL, e difundir as seguintes normas para a cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos delegados.

NORMAS PARA A COBRANZA

FORMAS E LUGARES DE INGRESO:

O ingreso poderá realizarse a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación Pontevedra – ORAL (https://ovt.depo.gal).

Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (Abanca, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Novo Banco, Sabadell, Santander e Unicaja Banco), tamén en caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos).

ENVÍO DE DOCUMENTOS DE INGRESO: Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago.

Se algunha persoa contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelo a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.

REFERENCIAS DE COBRO: Os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobro con importes diferentes: A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pago, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5%. Pasada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.

CARGOS DE DOMICILIACIÓNS: Os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas dos seus clientes o día indicado para cada tributo no calendario fiscal.

ADVERTENCIA LEGAL: O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que se teña satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e esixirán ao debedor as custas regulamentarias orixinadas do dito procedemento

TRES: Para a efectiva aplicación dos plans de pago personalizados neste segundo semestre rexerán as seguintes normas

PLAN DE PAGOS PERSONALIZADOS COVID-19: Habilitado como consecuencia da crise sanitaria producida na actualidade e a conseguinte repercusión económica da mesma, ten como obxectivo facilitar o pago fraccionado das cotas por recibo de todos ou algún dos seguintes tributos: Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), no período voluntario de pagamento.

Os requisitos para acollerse ao Plan de pagamento personalizado COVID-19 son:

Solicitude presentada antes do día 15 de xuño do 2020 a través da OVT (https://ovt.depo.gal) ou a través dos resto de sistemas regulamentados na LPACAP co modelo normalizado.

O pagamento realizarase ata en 6 mensualidades

O plan rexerase, en todo o non disposto, pola Ordenanza fiscal xeral do ORAL

Non existirá contía mínima no importe de cada prazo

A acollida a este plan supoñerá a incorporación adicional ao plan de pagamentos establecido no artigo 80.B) da Ordenanza fiscal xeral do ORAL, salvo renuncia expresa da persoa interesada

PLAN ESPECIAL IBI: Se aplicará as persoas que xa o teñen autorizado, conforme ao establecido no artigo 18 da ordenanza fiscal xeral do ORAL en vigor ( https://www.depo.gal/taxas).

A Directora do ORAL

(Asinado dixitalmente ao marxe)

NOTA INFORMATIVA: O contido da versión HTML deste anuncio ten carácter meramente informativo e está dispoñible nesta páxina para comodidade do cidadán. O anuncio con validez legal é a versión PDF asinada electronicamente.